Outro verán, outro Autobán,
con imaxe de Julia Abalde!

O Autobán 2026 celebrouse o venres 14 e o sábado 15 de agosto

Volve o festival coruñés de fanzines e cómic autoeditado. Este agosto celebrouse a súa duodécima edición repetindo localizacións no Circo de Artesáns e na Praza de San Andrés.

Máis de oitenta creadoras e creadores inscritos amosaron as súas obras e puxeron á venda as súas novidades neste festival, que ademais contou con obradoiros, sesións de DJs, música en vivo, presentacións ultrarrápidas e o célebre Combate de Debuxantes.

A debuxante Julia Abalde, gañadora do Premio Autobán 2025, é a autora do cartel deste Autobán 2026.

Produtos Autobán 2026

Camiseta 2026 Camiseta 2026 Camiseta 2026 Camiseta 2026 Camiseta 2026 Camiseta 2026
Vista rápida
Camiseta 2026
15,00 €

PREVENDA da camiseta de Autobán do 2026

A camiseta do Autobán 2026 conta cun fermoso deseño de Julia Abalde.

Prevanda limitada
En prevenda na web ata o domingo 20 de setembro ás 23:59 h.
Os envíos os faremos en outubro.

A camiseta de Autobán deste ano ten maior calidade, pois é unha Gildan GI2000, 100% algodón e cunha gramaxe de 205 g/m².

Tabla de talles (longo x ancho en cm )

S 71,1 x 45,7

M 73,7 x 50,8

L 76,2 x 55,9

XL 78,5 x 61

XXL 81,3 x 66

Cartel Autobán 2026 Cartel Autobán 2026
Vista rápida
Cartel Autobán 2026
25,00 €

Cartel do Autobán 2026, obra de Julia Abalde, impreso en risografía por Espazo Boh

Edición limitada de láminas tamaño A3, impresas en risografía en tres tintas. Cada lámina foi asinada pola autora, Julia Abalde.

Os envíos os faremos en outubro.

Postal Autobán 2026 Postal Autobán 2026
Vista rápida
Postal Autobán 2026
5,00 €

Postal do Autobán 2026, obra de Julia Abalde, impreso en risografía por Espazo Boh

Edición limitada de postais en tamaño A6, impresas en risografía en tres tintas. Cada postal foi asinada pola autora, Julia Abalde.

Os envíos os faremos en outubro.

VENRES 14 no Circo de Artesáns

O primeiro día de Autobán o dedicamos a actividades máis lúdicas para dar a coñecer ás persoas participantes nesta edición do festival.

Comezamos ás 17:30 coa cerimonia de entrega do III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.

Ás 18:00 iniciouse o Autobombo, unha serie de micropresentacións multimedia dunha vintena dos proxectos que participaron no Autobán 2026.

Cara ás 19:30 gozamos dun evento de hostilidade ilustrada, o soado Combate de Debuxantes: oito artistas improvisando debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar coa persoa vencedora do Combate 2026.

+20 presentacións no Autobombo

8 contendentes no Combate

+80 participantes no Mercado

SÁBADO 15 na Praza de San Andrés

O Mercado de Autoedición ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 80 propostas vidas de toda a Península.

Houbo música en vivo, e tamén distintas sesións de DJs que amenizaron a xornada. Ademais ofrecemos dous obradoiros creativos de entrada libre.

As persoas asistentes puideron desfrutar de opcións culinarias de Café Olimpia e Los Fortuna.

Patrocinan

Colaboran