Inscrición no Zambombán 2025
O Zambombán é un mercado de Nadal de ilustración, artesanía e produto ilustrado, que pretende recoller as propostas creativas deste eido, dándolles un espazo onde amosar e vender este tipo de proxectos.
Celebrarase o sábado 13 de decembro no espazo cultural Galgo Azul (Av. Gramela 16-18 baixo)
Laboratorio de Mini Retratos
O sábado 25 de outubro teremos nova reunión do Club de Debuxo AutoLab no Malte Atochas!
Nesta nova edición do Club de Debuxo faremos mini retratos formato “Polaroid” uns a outros! Practicaremos debuxo do natural de forma moi sinxela en formato Mini mentres tomamos algo rico no Malte.
Sandías contra o xenocidio
O sábado 27 de setembro celebraremos unha sesión de debuxo de sandías en apoio ao pobo palestino, nunha nova quedada do Club de Debuxo.
Será na Revolteira a partir das 18:00 h, e debuxaremos cartaces co motivo da sandía como acción de denuncia contra o xenocidio en Gaza.
OBRADOIRO DE FANZINES
O martes 12 de agosto ás 12:00 h. organizamos un obradoiro de fanzines en Palexco.
María Macía impartirá unha clase maxistral á cativada na que lles amosará como desenvolver un fanzine curto.
É unha actividade organizada por Autobán para o Viñetas desde o Atlántico.
Picnicbán
O sábado 12 de xullo volve o Picnicbán, quedada do Club de Debuxo ao aire libre.
Xuntarémonos no parque de Santa Margarita para deseñar os nosos propios picnics. De forma colectiva desenvolveremos diferentes escenas, e tamén xogaremos cos elementos que poidamos atopar pola contorna.
Cartas coleccionables
O sábado 26 de abril celebraremos no Bar El Siglo unha nova quedada do Club de Debuxo.
Desta vez xuntarémonos para facer a nosa propia colección de cartas intercambiables; debuxaremos naipes, e ao rematar faremos intercambios entre nós, e incluso é posible que acabamos mandando a gradear algunha :^)
Inscrición de fanzines no Autobom 2025
Autobom é a edición de primavera do Autobán, e ten vontade de ser un encontro entre a xente que se dedica e goza coa autoedición gráfica e a BD alternativa.
Este ano o Autobom estará cheo de charlas, faladoiros, obradoiros e actividades diversas que se desenvolverán o venres 9 de maio en distintas localizacións, e o sábado 10 na Revolteira.