Sandías contra o xenocidio

Club de Debuxo de apoio ao pobo palestino

Este setembro comezamos o curso cun clube de debuxo en solidaridade co pobo palestino. Reunirémonos para debuxar cartaces co motivo da sandía como acción de denuncia contra o xenocidio que está cometendo Israel en Gaza.

Xuntarémonos o sábado 27 de setembro a partir das 18.00h na Revolteira (Rúa Falperra 13)

Proporcionaremos papeis e materiais básicos de debuxo, aínda que recomendamos que traiades o voso propio material e cor vermella, verde e negra, para poder explorar diferentes técnicas e mesmo realizar intercambios co resto de asistentes do obradoiro.

Ao final da sesión faremos unha pequena exposición e poderedes escoller entre deixar os carteis expostos na Revolteira ou colgalos no lugar público, o que vos pareza máis axeitado.

IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo e materiais precisaremos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…

Siguiente
Siguiente

OBRADOIRO DE FANZINES