
OBRADOIRO DE FANZINES
O martes 12 de agosto ás 12:00 h. organizamos un obradoiro de fanzines en Palexco.
María Macía impartirá unha clase maxistral á cativada na que lles amosará como desenvolver un fanzine curto.
É unha actividade organizada por Autobán para o Viñetas desde o Atlántico.

Picnicbán
O sábado 12 de xullo volve o Picnicbán, quedada do Club de Debuxo ao aire libre.
Xuntarémonos no parque de Santa Margarita para deseñar os nosos propios picnics. De forma colectiva desenvolveremos diferentes escenas, e tamén xogaremos cos elementos que poidamos atopar pola contorna.


Cartas coleccionables
O sábado 26 de abril celebraremos no Bar El Siglo unha nova quedada do Club de Debuxo.
Desta vez xuntarémonos para facer a nosa propia colección de cartas intercambiables; debuxaremos naipes, e ao rematar faremos intercambios entre nós, e incluso é posible que acabamos mandando a gradear algunha :^)

Debuxos & Dragons 2
O sábado 22 de marzo celebraremos no Bar 13 a quedada debuxístico-roleira “Debuxos & Dragons 2: O Niño da Mantícora”.
Neste segundo nivel, os vosos personaxes chegan a unha nova área na súa aventura, tendo que sobrevivir nun espazo hostil e enfrontándose a quen alí mora. Seredes quen de debuxalos?

Club de Debuxo Dixitbán
O sábado 22 de febreiro teremos nova reunión do Club de Debuxo AutoLab no Malte Atochas!
Nesta ocasión debuxaremos unha baralla do xogo Dixit, realizando unha serie de ilustracións en formato carta, para despois xogar con elas.

Club de Debuxo Barrobán!!
O sábado 25 de xaneiro teremos a primeira reunión do Club de Debuxo AutoLab deste 2025.
Será no obradoiro do ceramista Victor Ares no barrio dos Mallos, e coñeceremos os segredos desta artesanía milenaria, e aprenderemos as diferencias de tratar a cor nesta disciplina.

Combate All Stars
No próximo Culturgal Autobán organiza un Combate de Debuxantes, unha competición de debuxo improvisado na que participan catro combatentes que das distintas provincias de Galicia: Antón Yáñez (A Coruña), Sandra Lodi (Lugo), Aarón Moucho (Pontevedra) e Sapoconcho (Ourense).
Presentará este popular evento Miguel Porto, exercendo de mestre de cerimonias.