Plantobán
Club de Debuxo e intercambio de esgallos
A primaveira xa está máis que asentada, e co verán á vista é o momento perfecto para un intercambio de esgallos!
Nesta nova edición do Club de Debuxo, xunto coa colaboración de Marina a dona de Votanikals, unha tenda de plantas e flores do Mercado de San Agustín, debuxaremos plantas lindísimas da súa tenda e tamén intercambiaremos as nosas propias plantas con esgallos. Ademáis Marina daranos algúns consellos para que nós logo poidamos coidar das nosas plantas do mellor xeito.
Non é preciso que traiades esgallo para participar do Club de Debuxo, nin que debuxedes para participar do intercambio de esgallos. Sempre podedes intercambiar os vosos esgallos en verisón debuxos :^)
Xuntarémonos o sábado 14 de xuño a partir das 12.30h diante de Votanikals (Praza de San Agustín, 1, Posto 14 exterior).
Só tedes que traer o material de debuxo que queirades: lapis, rotus, cores, caderno, papeis…
IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo e materiais precisaremos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…