Cartas coleccionables

Debuxa e intercambia as túas propias cartas

Tes morriña de cando os teus compis de clase tiñan milleiros de cartas coleccionables, as máis guais do momento, e ti eras pobre e as facías con papel e rotus? Pois non agardes máis, temos o Club de Debuxo perfecto para ti!

Desta vez xuntarémonos para facer a nosa propia colección de cartas intercambiables. Todas as persoas asistentes debuxaremos naipes, e ao rematar faremos intercambios entre nós, e incluso é posible que acabamos mandando algunha a gradear :^)

Esta nova reunión do Club de Debuxo AutoLab será o sábado 26 de abril, a partir das 18:30 h. no Bar El Siglo (na rúa Argudín Bolívar, 1).

Só tedes que traer o material de debuxo que queirades: lapis, rotus, cores, caderno, folios...

IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo e materiais precisaremos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…

Siguiente
Siguiente

Inscrición de fanzines no Autobom 2025