Asociación Cultural Autobán
Autobán constituíuse como Asociación Cultural no ano 2023.
Esperamos ir medrando aos pouquiños para que o Autobán sexa cada vez máis doado e cómodo para todo o mundo, e vaia mellorando ano a ano sen perder a súa esencia.
A cota para asociarse ao Autobán é de 20 € ao ano, e inclúe unha serie de vantaxes.
Ademais, apoirás o tecido asociativo e creativo da nosa comunidade.
Que inclúe
Camiseta Autobán
Recibirás a camiseta do Autobán do ano en curso. Podes recollela no festival ou enviámoscha por correo.
Descontos
Temos una serie de descontos en distintos establecementos e servizos presentando o carné de persoa socia do Autobán
Comunicación
Temos diversas canles de comunicación entre as persoas socias para compartir información coa xente da autoedición.
Organización
Se che apetece podes formar parte da organización do Autobán, entrar na Directiva e axudar no que queiras e poidas.
Preferencia
As persoas socias terán preferencia nalgunhas actividades e servizos organizadas pola Asociación.
Actividades exclusivas
Estamos preparando novas actividades, algunhas exclusivas para persoas socias, e outras con preferencia e descontos.
Descontos co noso carné
-
Center Copy
Center Copy - Rua Teresa Herrera, 10
-15% en copistería e impresión
-
Borrón
Borrón- Rúa Ángel del Castillo, 25
-30% en produtos de catálogo (estampación téxtil e ríxidos)
-15% en produtos de impresión
-10% en laboratotio fotográfico. -
Jaspe Art
Jaspe Art - Av. Linares Rivas, 50
-15% en materiais de belas artes.
-
Mar de Letras
Mar de Letras - Av. Che Guevara, 69
-5% en libros
-10% en impresión e papelería -
Metópolopis
Metópolopis Cómics - Rúa Río Monelos, 16
Tarxeta de socio/a da tenda
-
Puntogal
Dominio Puntogal
Desconto nun dominio .gal









Obxectivos
O fomento e promoción da banda deseñada e a ilustración, a autoedición e a autoxestión, e das persoas que se dedican a elas.
A creación de eventos, actividades e espazos nos que as persoas amantes da autoedición sexan as protagonistas.

Asóciate!!
QUEN PODE ASOCIARSE?
Calquera persoa amante da autoedición, as artes creativas ou que queira dar soporte ao Autobán.
Poden asociarse persoas maiores de idade e maiores de 14 anos con consentimento expreso de proxenitores ou titores.
A Asociación dispón dun Protocolo contra a violencia que fará valer á hora de aprobar ás persoas que se asocien e de resolver posibles conflitos dentro da mesma ou nos seus eventos.
COMO ASOCIARSE?
Podes asociarte ao Autobán enchendo o formulario de inscrición que aparece a continuación. Logo contactaremos contigo para indicarche como facer o ingreso da cota anual da asociación. Cada ano avisaremos ás persoas socias por se queren renovar a súa subscrición no primeiro trimestre do ano.
CANTO CUSTA ASOCIARSE?
Asociarse custa 20 € ao ano, que se pagarán mediante transferencia bancaria. Por esta cantidade teredes acceso a todas as vantaxes da Asociación (na sección Que inclúe).
PROTOCOLO CONTRA A VIOLENCIA
En Autobán e en todas as actividades organizadas pola asociación queremos poder gozar e celebrar a autoedición, o cómic, os fanzines, a ilustración e a creatividade en xeral. Para isto queremos crear un espazo libre de actitudes violentas: machistas, homófobas, tránsfobas, racistas, xenófobas, clasistas ou de calquera tipo.
Sabemos que por mor da sociedade na que nos criamos e construímos é difícil asegurar ao 100% que un espazo acade este obxectivo, mais farémolo o mellor que poidamos e esperamos que as persoas socias e as participantes e asistentes aos nosos eventos colaboren connosco para conseguilo. Polo que avogamos por unha convivencia harmoniosa entre todas as persoas, respectando a súa identidade e pronomes.
No caso de presenciar unha agresión ou comportamento inadecuado na Asociación ou nos eventos realizados por nós, podes comunicalo á organización:
Nos festivais o punto de referencia é a mesa da Asociación Autobán, ademais todas as persoas da organización iremos identificadas cunha tarxeta; podes comunicarnos calquera problema ou dúbida, e trataremos de axudarte do mellor xeito posible.
Na Asociación, podes comunicarnos calquera problema ou dúbida escribindo ao correo autoban.bd@gmail.com, e trataremos de darche soporte o antes posible.
Ante unha agresión ou conflito, a organización intervirá. No caso de ser durante un evento, porase á persoa agredida nun espazo tranquilo e seguro para coordinar e xestionar a resposta. Identificaremos a situación, reflexionando e falando coas partes implicadas, e trataremos de chegar a unha solución.
Se sofres calquera tipo de agresión no ámbito da Asociación Autobán ou nos seus eventos e festivais podes contar co noso apoio. A decisión de responder ou non é só da persoa agredida ou vítima do conflito, e respectaremos en todo momento as súas decisións, a excepción de casos de especial gravidade.
Se tes algunha consulta, comentario ou proposta para mellorar o protocolo podes escribirnos a autoban.bd@gmail.com, xa que nos axudará a crear un espazo mellor e máis seguro.