Picnicbán

O Club de Debuxo do verán

Xa está aquí o verán, e con el, o club de debuxo volve ir de picnic!

Nesta nova edición do encontro, xuntarémonos no parque de Santa Margarita para deseñar os nosos propios picnics. De forma colectiva desenvolveremos diferentes escenas, e tamén xogaremos cos elementos que poidamos atopar pola contorna.

A quedada será o sábado 12 de xullo a partir das 12.30h nos merendeiros públicos do parque Santa Margarita.

Compartiremos picoteo e debuxos, así que se queres podes traer algo para petiscar no picnic, e o material de debuxo que prefiras: lapis, rotus, cores, caderno, papeis…

IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo e materiais precisaremos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…

Siguiente
Siguiente

Plantobán