Inscrición no Zambombán 2025

O Zambombán é un mercado de Nadal de ilustración, artesanía e produto ilustrado.

A nosa intención é dar cabida ás persoas que crean e comercializan o seu propio produto ilustrado, pezas de artesanía e as súas ilustracións. Como o noso espazo é limitado, teremos que facer unha selección entre os proxectos inscritos.

A participación nesta actividade é libre e gratuíta.

CANDO E ONDE

Zambombán celebrarase o sábado 13 de decembro no espazo cultural Galgo Azul (Av. Gramela 16-18 baixo).
O horario estimado sería de 11:00 a 14:00,  e de 17:00 a 20:30.

INSCRICIÓN

Para facer a túa inscrición tes que ler as bases da convocatoria e cubrir o seguinte formulario de inscrición:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Data límite: 23:59 horas do venres 14 de novembro de 2025.

 
Siguiente
Siguiente

Laboratorio de Mini Retratos