
Inscrición de fanzines no Autobom 2025
Autobom é a edición de primavera do Autobán, e ten vontade de ser un encontro entre a xente que se dedica e goza coa autoedición gráfica e a BD alternativa.
Este ano o Autobom estará cheo de charlas, faladoiros, obradoiros e actividades diversas que se desenvolverán o venres 9 de maio en distintas localizacións, e o sábado 10 na Revolteira.

Combate All Stars
No próximo Culturgal Autobán organiza un Combate de Debuxantes, unha competición de debuxo improvisado na que participan catro combatentes que das distintas provincias de Galicia: Antón Yáñez (A Coruña), Sandra Lodi (Lugo), Aarón Moucho (Pontevedra) e Sapoconcho (Ourense).
Presentará este popular evento Miguel Porto, exercendo de mestre de cerimonias.

Inscrición no Zambombán
O Zambombán é un mercado de Nadal de ilustración, artesanía e produto ilustrado, que pretende recoller as propostas creativas deste eido, dándolles un espazo onde amosar e vender este tipo de proxectos.
Celebrarase o sábado 14 e domingo 15 de decembro no espazo cultural Galgo Azul (Av. Gramela 16-18 baixo)

Inscrición de fanzines no Autobom 2024
Autobom é a edición de primavera do Autobán, e ten vontade de ser un encontro entre a xente que se dedica e goza coa autoedición gráfica e a BD alternativa.
Este ano o Autobom estará cheo de charlas, faladoiros, obradoiros e actividades diversas que se desenvolverán o venres 10 de maio en distintas localizacións, e o sábado 11 na Revolteira.