No Culturgal teremos unha edición especial deste mítico evento de belixerancia debuxada
Co gallo do 10º aniversario de Puntogal, Autobán organiza un Combate de Debuxantes especial no Culturgal 2024.
Acontecerá o sábado 30 de novembro ás 18:00 h. no espazo C do evento, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa de Alexandre Bóveda, s/n)
ontaremos con catro combatentes que veñen representar cada unha das provincias de Galicia:
Antón Yáñez pola Coruña
Sandra Lodi representando a Lugo
Aarón Moucho desde Pontevedra
Sapoconcho de parte de Ourense
Presentará este popular evento de belixerancia debuxeira Miguel Porto, estupendo profesional e máxico mestre de cerimonias.
Non vos perdades esta competición de debuxo improvisado na que catro contendentes están dispostos a zoscarse (metaforicamente) e a suar tinta (literalmente).
Se queres podes mandarnos conceptos para que sexan debuxados durante o Combate!