Autobán é a festa da autoedición da Coruña.

Celebrarase o 11 e 12 de agosto de 2023

O festival coruñés de cómic autoeditado acada este agosto a súa décimo sexta edición, despois de oito quendas de verán, sete de inverno, e unha edición en liña por mor da pandemia.

Máis de setenta creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con obradoiros, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes.

Paz Rodríguez é a gañadora do Combate de debuxantes do ano anterior, e autora do cartel do Autobán 2023.

Produtos do Autobán

Podes descargar gratis o Autozine (o fanzine do Autobán) e mercar a camiseta deste ano.

Venres e sábado
11 e 12 de agosto de 2023

Sala Filomatic
Praza de San Andrés

VENRES 11 na Sala Filomatic

O primeiro día de Autobán está dedicado a actividades máis lúdicas que pretenden dar a coñecer ás persoas participantes nesta edición do festival.

Ás 19:00 dará comezo o Autobombo, unha serie de micropresentacións multimedia dunha trintena dos proxectos que se verán neste Autobán.

Cara ás 21:00 poderedes gozar dun evento de hostilidade ilustrada, o sonado Combate de Debuxantes: oito artistas improvisan debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar cun vencedor.

+30 presentacións no Autobombo

8 contendentes no Combate

+70 participantes no Mercado

SÁBADO 12 na Praza de San Andrés

O Mercado de Autoedición ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 70 propostas vidas de toda a Península.

Música a cargo de Comer rico y darle al pico, Willy the Squid, kzi e Dj TRNKS. Comedor vegano e cata de cervexas artesás de Alé Alé.

Ás 12:00 inaugúrase a exposición de Edmon na Grelería.

Ademais faremos dous obradoiros abertos e gratuítos:

  • Ás 12:00 h. Sen pés nin testa! Obradoiro de fanzín DADA por Julia Abalde

  • Ás 19:00 h. 2x1: Crea un fanzine e un póster dunha sentada! por Ro Ledesma

Patrocinan

Colaboran