Volve Autobán,
con imaxe de Luis Yang!
O Autobán 2025 celebrarase o venres 15 e o sábado 16 de agosto en dúas localizacións
Volve o festival coruñés de fanzines e cómic autoeditado. Este agosto celebrará a súa undécima edición repetindo localizacións no Circo de Artesáns e na Praza de San Andrés.
Máis de noventa creadoras e creadores inscritos amosarán as súas obras e porán á venda as súas novidades neste festival, que ademais contará con obradoiros, sesións de DJs, música en vivo, presentacións ultrarrápidas e o célebre Combate de Debuxantes.
O debuxante e historietista Luis Yang, gañador do Premio Autobán 2024, é o autor do cartel deste Autobán 2025.
Venres e sábado
15 e 16 de agosto de 2025
—
Circo de Artesáns
Praza de San Andrés
VENRES 15 no Circo de Artesáns
O primeiro día de Autobán o dedicaremos a actividades máis lúdicas para dar coñecer ás persoas participantes nesta edición do festival.
Comezamos ás 17:30 coa cerimonia de entrega do II Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.
Ás 18:00 iniciarase o Autobombo, unha serie de micropresentacións multimedia dunha vintena dos proxectos que participan neste Autobán.
Cara ás 19:30 gozamos dun evento de hostilidade ilustrada, o soado Combate de Debuxantes: oito artistas improvisando debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar coa persoa vencedora do Combate 2025.
+20 presentacións no Autobombo
8 contendentes no Combate
+80 participantes no Mercado
SÁBADO 15 na Praza de San Andrés
O Mercado de Autoedición ofrecerá a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 90 propostas vidas de toda a Península.
Haberá música en vivo, e tamén DJs amenizando a sesión vermú e pola tarde. Ademais ofreceremos dous obradoiros creativos de entrada libre.
As persoas asistentes poderán desfrutar de opcións culinarias de Café Olimpia e A Parva, e dunha barra ao cargo de Malte.
Patrocinan
Colaboran