Outro verán, outro Autobán,
con imaxe de Julia Abalde!
O Autobán 2026 celebrarase o venres 14 e o sábado 15 de agosto
Volve o festival coruñés de fanzines e cómic autoeditado. Este agosto celébrase a súa duodécima edición repetindo localizacións no Circo de Artesáns e na Praza de San Andrés.
Máis de oitenta creadoras e creadores inscritos amosarán as súas obras e porán á venda as súas novidades neste festival, que ademais contará con obradoiros, sesións de DJs, música en vivo, presentacións ultrarrápidas e o célebre Combate de Debuxantes.
A debuxante Julia Abalde, gañadora do Premio Autobán 2025, é a autora do cartel deste Autobán 2026.
Venres e sábado
14 e 15 de agosto de 2026
—
Circo de Artesáns
Praza de San Andrés
VENRES 14 no Circo de Artesáns
O primeiro día de Autobán o dedicamos a actividades máis lúdicas para dar a coñecer ás persoas participantes nesta edición do festival.
Comezamos ás 17:30 coa cerimonia de entrega do III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.
Ás 18:00 iniciarase o Autobombo, unha serie de micropresentacións multimedia dunha vintena dos proxectos que participaron no Autobán 2026.
Cara ás 19:30 gozamos dun evento de hostilidade ilustrada, o soado Combate de Debuxantes: oito artistas improvisando debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar coa persoa vencedora do Combate 2026.
+20 presentacións no Autobombo
8 contendentes no Combate
+80 participantes no Mercado
SÁBADO 15 na Praza de San Andrés
O Mercado de Autoedición ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 80 propostas vidas de toda a Península.
Haberá música en vivo, e tamén regueifas entre distintos DJs que amenizarán a xornada. Ademais ofrecemos dous obradoiros creativos de entrada libre.
As persoas asistentes poderán desfrutar de opcións culinarias de Café Olimpia, e dunha barra ao cargo de Malte.
Patrocinan
Colaboran























