Novo Autobom, a edición de primavera do Autobán.

O encontro sobre autoedición será os días 23, 24 e 25 de abril de 2026

O Autobom volve celebrase no seu formato de encontro: unha reunión pensada por e para a xente que goza coa autoedición e a xestión da súa obra.

Este ano 2026 contaremos con charlas, obradoiros, actividades formativas e lúdicas, todo moi orientado a que as persoas asistentes aprendan, se coñezan e gocen coa autoedición.

Brais Rodríguez fixo a imaxe do Autobom 2026, e levou o accésit do Premio Autobán do pasado ano pola súa obrá “Enxoval”.

Xoves, venres e sábado
23, 24 e 25 de abril de 2026

Jaspe Art - A Revolteira - El Siglo

XOVES 23 de abril

Obradoiro: SON FAN (do DIN-A3)

A partir das 17:00 ás 20:00 h. na Revolteira (Rúa Falperra 13)
Impartido por Diego Estebo

Neste obradoiro cada participante desenvolverá de principio a fin un fanzine. Elixiremos a temática, debuxarémola e, o máis importante, veremos como encaixala nunha soa folla tamaño DIN A3. Trae os teus materias de debuxo, que nos poñemos os A3s!
Ao final da actividade teremos o noso fanzine, o campo de probas perfecto para iniciarse no mundo editorial.

ACTIVIDADE DE BALDE - 12 PRAZAS - É PRECISA INSCRICIÓN

VENRES 24 de abril

Obradoiro: TUPPERROTU. Edición lápis de cor

Dúas quendas: 17:30 a 18:00 h. e de 18:10 a 18:40 h. en Jaspe Art (Rúa da Merced 24)
Impartido por Lara Ingelmo (La chica de la cinta)

Á tarde do venres teremos unha nova edición do Tupperrotu, una quedada para probar materiais de debuxo en Jaspe Art.

Nesta ocasión a actividade tratará sobre o lápis de cor, e teremos a sorte de contar con Lara Ingelmo como titora da actividade.

ACTIVIDADE DE BALDE - 20 PRAZAS - É PRECISA INSCRICIÓN

Participación gratis nas actividades

Apúntate aos obradoiros prácticos

Charlas e faladoiros sobre autoedición

SÁBADO 25 de abril

Posto de fanzines, charlas e obradoiros

As actividades do sábado serán na Revolteira (Rúa Falperra 13).

A partir das 11:00 h. haberá un posto de fanzines autoxestionado.

Pola mañá teremos charlas e faladoiros:

  • 11:00 - 11:15 h. - Presentación do Autobom 2026

  • 11:15 - 12:15 h. - Faladoiro: Espazos de autoxestión e autoedición
    Achega a distintos modelos de auto-espazos: Boh é unha mistura de tenda de produto autoeditado e imprenta de risografía sito en Compostela, mentres que O Rocho preséntase coma un espazo autoxestionado de localización incerta na cidade de Ourense.
    Participan Raquel Montero e Simone Virgini (de Boh) e Brais Rodríguez (de O Rocho), modera Xoana Pousa

  • 12:15 - 12:30 h. - Minicharla: Presentación da AGPI
    Participa Rebeca Varela, da Directiva da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

  • 12:30 - 13:00 h. - PAUSA CAFÉ por Café Olimpia

  • 13:00 - 13:15 h. - Minicharla: Fanzinoteca do Vaia Vaia
    As compis do festi de autoedición de Lugo presenta a súa fanzinoteca.

  • 13:15 - 14:30 h. - Faladoiro:  Proxectos editoriais de autoedición

    Unha conversa sobre dúas experiencias de editoras de BD autoxestionadas, con Rosa Espiñeira de figurandorecuerdos edicións e David Calviño, un dos artífices detrás de Baixo Terra Edicións. Moderada o faladoiro Luis Yang.

ACTIVIDADE PRIVADA AO MEDIODÍA

  • 14:30 - 16:00 h. - Xantar do mundiño da autoedición
    Comida de persoas socias do Autobán e participantes nas actividades, por conta de
    A Parva.

De 16:30 a 17:30 h. celebraremos unha nova edición do torneo de BRILÉ BRUTAL na Cancha da Falperra.

Ás 17:30 h. volvemos á Revolteira a sesión de obradoiros da tarde:

  • 17:30 - 18:30 h. - Obradoiro: AUTOLAB
    Actividade de creación de BD organizado por Óscar Iglesias.

  • 18:30 - 20:30 h. - Obradoiro: Como editar libros na casa
    Comentaremos formas de editar os teus propios libros na casa: cales son os custes, que materiais precisas e que trucos podes empregar cando non tes moitos medios. Remataremos o obradoiro creando un libro de tapa branda de xeito colaborativo.

    Impartido por María Ramírez (Afacería)

20:30 h. - Peche de portas na Revolteira

FESTA POST-AUTOBOM
A partir das 23:30 h. haberá unha festa de remate do Autobom 2026 na parte de arriba do Pub El Siglo (Rúa Argudín Bolívar 1)

Patrocina

Colaboran