Autobán é a festa da autoedición da Coruña.

Celebrarase o 14 e 15 de agosto de 2026

Convocatoria

Autobán 2026

Prazo de inscrición: ata as 23:59 h. do 22 de xuño

En Autobán poderedes participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, que se desenvolverá o sábado 15 de agosto

Ademais, a tarde do venres 14 celebraremos unha serie de actividades ás que podedes anotarvos:

  • Autobombo: unha serie de rápidas presentacións a cargo de participantes no mercado que queiran difundir o seu proxecto.

  • Combate de Debuxantes: torneo de debuxo en vivo no que a persoa gañadora leva un premio en materiais de debuxo.

A participación nestas actividades é libre e gratuíta.

Debes ler as bases da convocatoria. A inscrición precisa de aceptación das bases:

Patrocinan

Colaboran