Volve Autobom, a edición de primavera do Autobán.

Encontro sobre autoedición os días 9 e 10 de maio de 2025

O Autobom volve de novo no seu formato de encontro: unha reunión anual por e para a xente que goza coa autoedición e a xestión da súa obra, Contaremos con charlas, obradoiros, actividades formativas e lúdicas, e todo moi orientado a que as persoas asistentes aprendan, se coñezan e se divirtan.

Gemma Pérez recibiu o Accésit do Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego en 2024.

Venres e sábado
9 e 10 de maio de 2025

Borrón - A Tobeira - A Revolteira - El Siglo

VENRES 9
Dúas actividades en dúas localizacións

O primeiro día de Autobom teremos actividades en distintos espazos:

  • Visita a BORRÓN
    A partir das 17:30 h. en Borrón (Rúa Ángel del Castillo 25)
    Borrón é unha das imprentas de produto referencia na cidade da Coruña. Apúntate a unha visita guiada polas súas instalacións. Haberá dúas quendas con prazas limitadas.
    INSCRÍBETE AQUÍ

  • Faladoiro: BOLLOQUIZ. O test definitivo sobre fanzines cuir

    Ás 20:00 h. na Tobeira de Oza (Rúa da Merced 24)
    Á tardiña a Tobeira será o escenario dunha conversa entre catro colegas fanzineiras, en formato test da Súper POP con temática fanzineira/cuir.

    Participan:

    • Greta Debelius, Santa patroa dos bollos tatuados.

    • Yupiyeyo, mercenaria do deseño que ás veces debuxa cousas.

    • Paz, animadora e artista de BD de todas as cousas queer.

    • Gemmi, bollera brava e directora de arte en muller6ollos.

Participa gratis nas actividades

Visita unha imprenta de produto

Charlas e faladoiros sobre autoedición

+40 participantes no posto de fanzines

SÁBADO 10
Posto de fanzines, charlas e obradoiros

A maioría das actividades do sábado serán na Revolteira (Rúa Falperra 13).

A partir das 11:00 h. teremos un posto de fanzines con máis de 40 proxectos e un cento de publicacións.

Pola mañá teremos charlas e obradoiros, destacando:

  • 11:15 - 12:00 h. - Faladoiro: Fanzines na imprenta
    Máis alá da fotocopia, como facerlle a vida máis doada á imprenta para que os teus fanzines dea gloria velos. Tono Galán e Laura Sánchez de Manchea.

  • 12:00 - 12:15 h. - Minicharla: Presentación do Premio Autobán 2025
    Achegamos as novidades da 2ª edición do Premio ao Mellor Fanzine Galego.

  • 12:15 - 12:45 h. - PAUSA CAFÉ por Café Olimpia

  • 12:45 - 13:00 h. - Minicharla: Presentación do Fun Fun Fun
    O festi de autoedición de Compos presenta as novidades deste ano.
    Participa Dani Xove.

  • 13:00 - 14:00 h. - Faladoiro: Autoxestión emocional

    Unha conversa sobre saúde mental e creatividade no mundo do fanzine
    con Julia Abalde, Sabela Alonso e Laprislazuli, modera Uxía Larrosa.

ACTIVIDADES PRIVADAS AO MEDIODÍA

  • 14:00 - 15:30 h. - Comida do mundiño da autoedición
    Comida de persoas socias do Autobán e participantes nas actividades, por conta de
    A Parva

  • 15:30 - 16:30 h. - Tupperrotu en manteis
    Despois do xantar teremos unha sesión de proba de materiais de Posca/Uni-ball cedidos pola nosa tenda amiga
    Jaspe Art. Poucas cousas máis fanzineiras que decorar os manteis na sobremesa.

De 16:30 a 17:30 h. celebraremos un torneo de BRILÉ BRUTAL na Cancha da Falperra.

Ás 17:30 h. volvemos á Revolteira e comezará a sesión de obradoiros:

  • 17:30 - 18:30 h. - Obradoiro: AUTOLAB
    Obradoiro de creación de BD experimental organizado por Óscar Iglesias.

  • 18:30 - 20:30 h. - Obradoiro: Serigrafía e autoedición. Vida, obra e milagres dun taller nun rocho
    Aarón Moucho fai un percorrido pola súa traxectoria e taller, mostrando obra, procesos, acertos e miserias. Impartido por Aarón Moucho

  • 20:30 h. - Peche de portas na Revolteira

FESTA POST-AUTOBOM
A partir das 23:30 h. haberá unha festa de remate do Autobom 2025 na parte de arriba do Pub El Siglo (Rúa Argudín Bolívar 1)

Patrocina

Colaboran