Laboratorio de Mini Retratos
O sábado 25 de outubro teremos nova reunión do Club de Debuxo AutoLab no Malte Atochas!
Nesta nova edición do Club de Debuxo faremos mini retratos formato “Polaroid” uns a outros! Practicaremos debuxo do natural de forma moi sinxela en formato Mini mentres tomamos algo rico no Malte.
Club de Debuxo Autolab edición Picnic
O sábado 29 de xuño nova reunión do Club de Debuxo AutoLab no Parque de Santa Margarita. Faremos un picnic aberto no que compartiremos debuxos e petiscos.