Panorama do
Fanzine Galego

A tarde do mércores 18 de xuño teremos unha xornada sobre autoedición na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña (rúa Durán Loriga 10, 1º andar).

Queremos celebrar a nosa constante colaboración coas bibliotecas da cidade, e en especial coa Biblioteca de Estudos Locais, que fai un traballo enorme apoiándonos no Premio Autobán e desenvolve unha actividade fundamental: a creación da Fanzinoteca Municipal.

Nesta xornada do mércores 18 de xuño poderedes asistir a tres actividades nunha mesma tarde.

Panorama do Fanzine Galego

  • 17:30 h.
    Presentación das obras gañadoras do Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2024

    Luis Yang presentará “Sunny 16”, obra galardoada co I Premio Autobán; e Gemma Pérez, que acadou un accésit no mesmo certame, ensinará o seu fanzine “Mi nick era #humeda”. Introducirán a charla Emma Ríos e María Álvarez “Yupiyeyo”.

  • 18:30 h. - Visita e presentación da Fanzinoteca da BMEL
    Coñeceredes de primeira man o apartado de fanzines da Biblioteca de Estudos Locais, con exemplares representativos da creatividade galega e coruñesa.

  • 19:00 h. - Faladoiro sobre autoedición na Coruña

    Mesa redonda que tratará a autoedición na cidade desde diversas ópticas, contando coas experiencias de fanzineiras de distintas xeracións e con diferente procedencia e proxección. Participan María Álvarez “Yupiyeyo”, Gemma Pérez, Emma Ríos e Luis Yang, e modera Sira González.

Participan

  • María Álvarez "Yupiyeyo"

  • Sira González

  • Gemma Pérez

  • Emma Ríos

  • Luis Yang

Colaboran