Programa

Autobán 2026

VENRES 14 de agosto

CIRCO DE ARTESÁNS — Rúa San Andrés 36

ENTREGA DO PREMIO AUTOBÁN

17:30 - 18:00 h.

Cerimonia de entrega do III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

Actividade realizada co apoio do Concello da Coruña.

AUTOBOMBO

18:00 - 19:30 h.

Unha vintena de presentacións rápidas de participantes do Autobán 2026.

Formato 12x12: cada presentación terá 12 imaxes que se amosarán durante 12 segundos, acompañadas das explicacións de cada fanzineirx.

É un xeito ameno e rápido de coñecer as propostas deste Autobán.

Actividade patrocinada por Galgo Azul e AGPI

COMBATE DE DEBUXANTES

19:30 - 21:00 h.

Oito debuxantes entran, un sae… e leva o trofeo e o megapremio do Autobán 2026.

Este ano volvemos repetir o popular evento de belixerancia debuxeira, pero nesta ocasión contamos con novos combatentes que veñen dispostos a zoscarse (metaforicamente) e a suar tinta (literalmente).

Actividade patrocinada por Sacauntos, Malte, Alita Cómics e Jaspe Art

Presentan as actividades do venres Gaudino e Mateo.

SÁBADO 17 de agosto

Praza de San Andrés

MERCADO DE AUTOEDICIÓN

12:00 - 21:30 h.

O Mercado de Autoedición ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 80 propostas vidas de toda a Península.

Barra de cervexa ao cargo de Malte, e comida de Café Olimpia.

OBRADOIRO —
Do paso ao trazo!
Obradoiro de debuxo en movemento

12:30 - 13:30 h.

Impartido por Julia Abalde

Neste obradoiro tomaremos prestado o trote do cabalo, as ondulacións da serpe, os pasiños da formiga e o camiñar de diversos animais para desprazarnos pola rúa. O noso movemento quedará rexistrado en tramas de liñas e puntos, convertendo o chan nunha gran obra abstracta chea de percorridos e encontros.

É unha actividade gratuíta e aberta ao público cativo e non tan cativo.

Actividade patrocinada por
Galgo Azul

REGUEIFA DJ
Xulia Yang

14:00 -15:30 h.

Un man a man musical entre Xulia Vicente e Luis Yang.

OBRADOIRO —
Tipos de fanzine

17:30 - 19:00 h.

Impartido por manchea

Un obradoiro de creación dun fanzine en común empregando tipos e clixés de imprenta.

É unha actividade gratuíta e aberta ao público de todas as idades.

Actividade patrocinada por
Malte

REGUEIFA DJ
Urbano von Hautkopf

19:00 - 20:30 h.

Unha contenda melómana ao cargo de Urbanóscar e Mar Vieites.

FOLIADABÁN

20:30 h.

Pecharemos as actividades do Autobán 2025 cunha reunión popular de canto e baile cargo dun grupo de folklórikes.

FESTÓN PostAutobán

23:30 h. — No Bar 13

Festa de peche do Autobán 2026 no Bar 13 (Rúa Orzán 115).

Actividades do Autobán

no Viñetas desde o Atlántico

De LUNS 11 a DOMINGO 17 de Agosto

POSTO AUTOBÁN NA RÚA BD

De 10 de agosto a 27 de setembro

EXPOFANZINES 2026

BIBLIOTECA DE ESTUDOS LOCAIS Rúa Durán Loriga, 10, 1º andar

Exposición dos fanzines presentados ao III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.

MARTES 11 de agosto

PREMIO AUTOBÁN

PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS GAÑADORES DO III PREMIO AUTOBÁN

Ás 19:30 h. na carpa de Viñetas desde o Atlántico

PREMIO: Martín Romerocon "Diarios"

Accésit: Silver Adree con "Antología de un recuerdo"

SINATURAS DOS FANZINES DOS AUTORES GAÑADORES DO III PREMIO AUTOBÁN

De 20:00 a 21:00 h.
no stand 18 da
Rúa da BD

MÉRCORES 12 de agosto

OBRADOIRO DE DEBUXO

Ás 12:30 h. en PALEXCO

Obradoiro de debuxo sobre os Simpsons impartido por Alba Ceide. Para nenas e nenos de entre 6 e 9 anos.

Inscripciones aquí, del 30 de julio al 5 de agosto.

XOVES 13 de agosto

OBRADOIRO DE DEBUXO

Ás 12:30 h. en PALEXCO

Obradoiro de debuxo sobre os Simpsons impartido por Alba Ceide. Para nenas e nenos de entre 10 e 12 anos.

Inscripciones aquí, del 30 de julio al 5 de agosto.