Programa

Autobán 2025

VENRES 15 de agosto

CIRCO DE ARTESÁNS — Rúa San Andrés 36

ENTREGA DO PREMIO AUTOBÁN

17:30 - 18:00 h.

Cerimonia de entrega do II Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

Actividade realizada co apoio do Concello da Coruña.

AUTOBOMBO

18:00 - 19:30 h.

Unha vintena de presentacións rápidas de participantes do Autobán 2025.

Formato 12 x12: cada presentación terá 12 imaxes que se amosarán durante 12 segundos, acompañadas das explicacións de cada fanzineirx.

É un xeito ameno e rápido de coñecer as propostas deste Autobán.

Actividade patrocinada por Alita Cómics e AGPI

COMBATE DE DEBUXANTES

19:30 - 21:00 h.

Oito debuxantes entran, un sae… e leva o trofeo e o megapremio do Autobán 2025.

Este ano volvemos repetir o popular evento de belixerancia debuxeira, pero nesta ocasión contamos con novos combatentes que veñen dispostos a zoscarse (metaforicamente) e a suar tinta (literalmente).

Actividade patrocinada por PuntoGal e Jaspe Art

SÁBADO 17 de agosto

Praza de San Andrés

MERCADO DE AUTOEDICIÓN

12:00 - 21:30 h.

O Mercado de Autoedición ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 90 propostas vidas de toda a Península (listaxe completa).

Barra de cervexa ao cargo de Malte, e comida de Café Olimpia e A Parva.

OBRADOIRO —
Do paso ao trazo!
Obradoiro de debuxo en movemento

12:30 - 13:30 h.

Impartido por Julia Abalde

Neste obradoiro tomaremos prestado o trote do cabalo, as ondulacións da serpe, os pasiños da formiga e o camiñar de diversos animais para desprazarnos pola rúa. O noso movemento quedará rexistrado en tramas de liñas e puntos, convertíndo o chan nunha gran obra abstracta chea de recorridos e encontros.

É unha actividade gratuíta e aberta ao público cativo e non tan cativo.

Actividade patrocinada por
Galgo Azul

REGUEIFA DJ
Xulia Yang

14:00 -15:30 h.

Un man a man musical entre Xulia Vicente e Luis Yang.

REGUEIFA DJ
Urbano von Hautkopf

19:00 - 20:30 h.

Unha contenda melómana ao cargo de Urbanóscar e Mar Vieites.

FOLIADABÁN

20:30 h.

Pecharemos as actividades do Autobán 2025 cunha reunión popular de canto e baile cargo dun grupo de folklorikes.

OBRADOIRO —
Tipos de fanzine

17:30 - 19:00 h.

Impartido por manchea

Un obradoiro de creación dun fanzine en común empregando tipos e clichés de imprenta.

É unha actividade gratuíta e aberta ao público de todas as idades.

Actividade patrocinada por
Malte

FESTÓN PostAutobán

23:30 h. — No Bar 13

Festa de peche do Autobán 2025 no Bar 13 (Rúa Orzán 115).

Actividades do Autobán

no Viñetas desde o Atlántico

De LUNS 11 a DOMINGO 17 de Agosto

POSTO AUTOBÁN NA RÚA BD

De 11 de agosto a 21 de setembro

EXPOFANZINES 2025

BIBLIOTECA DE ESTUDOS LOCAIS Rúa Durán Loriga, 10, 1º andar

Exposición dos fanzines presentados ao II Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.

MARTES 12 de agosto

OBRADOIRO DE FANZINE

Ás 12:00 h. en PALEXCO

María Macía aprenderá os conceptos básicos da autoedición para aplicalos na creación dun fanzine.
A partir de 6 anos e con inscrición previa.

XOVES 14 de agosto

CONCERTO ILUSTRADO

Ás 21:00 h. no TEATRO COLÓN

Concerto da banda Hombre Tigre, debuxado en directo por Anabel Colazo e Raquel Montero.

SINATURAS DO PREMIO AUTOBÁN

MÉRCORES 13 a partir das 19:30 h.
no stand 19 da Rúa da BD

Sinaturas do Premio Autobán 2024

PREMIO: Luis Yang con "Sunny 16"

Accésit: Gemma Pérez con "Mi nick era #humeda"

XOVES 14 a partir das 19:30 h.
no stand 19 da
Rúa da BD

Sinaturas do Premio Autobán 2025

PREMIO: Julia Abalde con "La ilusión"

Accésit: Brais Rodríguez con "Enxoval"