Autozine 2023

O Autozine é o fanzine de Autobán.
No 2023 saíu unha edición de 28 páxinas cunha tiraxe de 1.000 exemplares, que se distribuiron gratuitamente en librarías e bibliotecas.

Sabendo que grazas a PuntoGal e outros patrocinadores o Autozine por primeira vez ía publicarse dous meses antes do evento e tería distribución garantida por toda Galicia, confeccionamos unha publicación que pretendía servir de tarxeta de presentación do festival e da escena galega de autoedición para que non a coñecese. Un resumo da actualidade da Asociación e perfís de varios artistas galegos para chegar ao Autobán coa lección aprendida. Inclúe unha recompilación das BDs experimentais e comunais elaboradas no último AutoLab.

Siguiente
Siguiente

Autozine 2022