Autozine 2022

O Autozine é o fanzine de Autobán.
No 2022 saíu unha edición de 12 páxinas cunha tiraxe de 150 exemplares, dos cales a metade se distribuiron coa camiseta do Autobán, e o resto se venderon no Mercado de Autoedición.

Outro fanzine tributo inspirado na peor prensa sensacionalista coma o tabloide semanal News of the World. En plena postpandemia e sen BDs do AutoLab que poder recompilar, Bernal Prieto elaborou un panfleto con novas e montaxes retranqueiras a costa dos participantes habituais do festival e outros persoeiros da BD galega co gallo de botarnos unhas risas nun momento en que todos o precisabamos (tivemos sorte e ninguén se anoxou moito coas chanzas).

Anterior
Anterior

Autozine 2023

Siguiente
Siguiente

Autozine 2019