Autozine 2019

O Autozine é o fanzine de Autobán.
No 2019 saíu unha edición de 36 páxinas a todo color, cunha tiraxe de 150 exemplares, dos cales a metade se distribuiron coa camiseta do Autobán, e o resto se venderon no Mercado de Autoedición.

Un fanzine pastiche que buscaba homenaxear as revistas para adolescentes coas que medramos, en particular a Súper Pop. Paula Esteban e Diego Burdío coordinan a un hilarante plantel de autores que mimetizaron as míticas seccións da cabeceira, coma os seus test de personalidade, o consultorio sentimental ou o póster central coas bandas do momento. Nostalxia millennial ao servizo de presentar as novidades do festival. Non podían faltar tampouco os cómics feitos a varias mans do noso AutoLab.

Anterior
Anterior

Autozine 2022

Siguiente
Siguiente

Autozine 2017