Autozine 2017

O Autozine é o fanzine de Autobán.
No 2017 saíu unha edición de 44 páxinas que se distribuiu coa camiseta do Autobán.

Un Autozine dedicado por completo aos exercicios de estilos de dúas edicións distintas do Autolab: todo chicha, tebeos do melloriño das novas fornadas de autores galegos! O groso son bandas deseñadas colaborativas feitas a parir de distintos mecanismos de aleatoriedade (nun caso con dados, noutro cunha ruleta de imaxes proxectadas nunha pantalla); pero tamén hai un feixe de contribucións individuais adaptando clásicos haikus xaponeses ao cómic. Unha fantástica escolma dos obradorios experimentais do Autobán.

Anterior
Anterior

Autozine 2019

Siguiente
Siguiente

Autozine 2015