Autozine 2015

O Autozine é o fanzine de Autobán.
No 2015 saíu unha edición de 52 páxinas que se distribuiu coa camiseta do Autobán.

O Autozine orixinal! Recolle os primeiros exercicios de estilo que se realizaron no AutoLab, o laboratorio de banda deseñada experimental que fundamos no Autobán. Aparecen as cadeas aleatorias, a nosa versión dos cadáveres exquisitos para debuxar en grupo que tanto éxito adoitan ter, e mais outros exercicios individuais: unha restrición icónica (había que facer un cómic a partir da imaxe de Rombobot, a mascota do noso festival) e historietas con deseño de páxina de viñetas crecentes ou decrecentes. Unha lista de participantes de luxo.

Anterior
Anterior

Autozine 2017