Autobán é a festa da autoedición da Coruña.
Celebrarase o 16 e 17 de agosto de 2024
Convocatoria
Autobán 2024
O prazo para inscribirse é ata as 23:59 h. do luns 15 de xullo
En Autobán poderedes participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, que se desenvolverá o sábado 17 de agosto.
Ademais a tarde do venres 16, celebraremos unha serie de actividades ás que podedes anotartarvos::
Autobombo: unha serie de rápidas presentacións a cargo de participantes no mercado que queiran difundir o seu proxecto.
Combate de Debuxantes: torneo de debuxo en vivo no que a persoa gañadora leva un premio en materiais de debuxo.
A participación nestas actividades é libre e gratuíta.
Debes ler as bases da convocatoria. A inscrición precisa de aceptación das bases:
Produtos do Autobán
Podes mercar a camiseta do Autobán 2024.
Novas do Autobán
Patrocinan
Colaboran
Autobom é a edición de primavera do Autobán, e ten vontade de ser un encontro entre a xente que se dedica e goza coa autoedición gráfica e a BD alternativa.
Este ano o Autobom estará cheo de charlas, faladoiros, obradoiros e actividades diversas que se desenvolverán o venres 9 de maio en distintas localizacións, e o sábado 10 na Revolteira.