En xaneiro faremos unha edición sensorial cos froitos secos como protagonistas
Nova actividade este mes de xaneiro…
Terceira reunión do Club de Debuxo AutoLab
Este Clube de Debuxo é unha invitación a desconectar co pensamento para dar espazo á parte más sensorial do debuxo. Empregaremos os cinco sentidos para explorar un froito seco, transformando ás sensacions do tacto, o oído, a vista e o gusto en liñas formas e texturas sobre o papel. Despois podemos intervir estas composicións, xa sexa dándolles forma e sentido ou mantendo a súa esencia abstracta.
Esta nova reunión do Club de Debuxo AutoLab será o sábado 27 de xaneiro a partir das 18:30 h. na libraría e espazo cultural Galgo Azul (Avenida Gramela 16)
Só tedes que traer o material de debuxo que queirades: lapis, rotus, cores, caderno, folios...
IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo e materiais precisaremos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…