Inscríbete agora
■
Inscríbete agora ■
2º PREMIO AUTOBÁN
AO MELLOR FANZINE GALEGO
O prazo para a preinscrición online será do 19 de maio ao 9 de xuño nesta mesma web.
Se entre o 15 de maio de 2024 e o 15 maio de 2025 autoeditaches un cómic ou fanzine gráfico en lingua galega ou desde Galicia, podes participar!
BASES DO CERTAME
Aquí tes as bases do certame coas condicións, datas e xeito de presentar o teu fanzine. Podes lelas atentamente, encher o formulario cos datos do teu proxecto e enviarnos unha copia dixital para a preselección. Anímate a inscribirte!
PREMIOS
PREMIO AUTOBÁN
Trofeo Autobán personalizado por Luis Yang (gañador do certame anterior)
Dotación económica: 1.250 €
Accésit
Diploma acreditativo.
Dotación económica: 350 €
Formulario de inscrición
Enche o formulario, introduce os teus datos e envíanos a túa publicación en versión dixital para participar no certame.
Lembra que debes aceptar as condicións de participación e as bases.
Protección de datos
Os datos persoais dos participantes no concurso serán utilizados exclusivamente para a consecución dos fins previstos neste certame, quedando excluído calquera uso para o envío de comunicacións doutra clase por parte de Asociación Cultural Autobán, respectando en todo momento o previsto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Todas as persoas participantes poden facer uso dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición polas vías de comunicación previstas na Lei 3/2018, de 5 de decembro, a través do correo electrónico autoban.bd@gmail.com.
CONTACTO
Podes escribirnos coas dúbidas e cuestións que teñas sobre o certame Premio Autobán ao correo electrónico premioautoban@gmail.com