Alén do Castelao
Xornadas profesionais de BD
A tarde do mércores 5 e do xoves 6 de outubro teremos dúas xornadas sobre edición e desenvolvemento de proxectos de BD na Biblioteca Provincial da Coruña
(rúa Riego de Agua 37, no soto).
Alén do Castelao son unhas xornadas sobre edición e desenvolvemento de proxectos de BD cun enfoque didáctico e buscando afondar na profesionalización do sector.
O nome da actividade fai referencia ao Premio Castelao de Banda Deseñada, o principal certame de cómic de Galicia.
Durante dúas tardes consecutivas contaremos con clases maxistrais e faladoiros nos que intervirán persoas cun amplo percorrido no mundo da BD, aportando información e experiencias subliñables e contestando dúbidas e cuestións do público asistente.
MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO
Xornada sobre
proxectos de BD
Programa
17:30 - 17:40
Benvida e presentación da xornada
17:40 - 19:00
CLASE MAXISTRAL
Arte Final 7: O gran xefe final
Participan Estudio Gráfico Los Meros, presenta Bernal Prieto
Aspectos técnicos básicos para a elaboración dunha BD printer‑friendly, abordando temas coma softwares de maquetación, tipos de arquivo, fontes e rotulación e formatos de entrega.
19:00 - 19:10
Pausa
19:10 - 20:30
FALADOIRO
Retos da BD contemporánea: Organizar un proxecto dende a súa concepción á súa publicación
Participan Anabel Colazo e Xulia Pisón, modera Uxía Larrosa
Conversaremos con dúas autoras con ampla traxectoria e numerosas publicacións dentro do panorama da BD, tanto a nivel estatal como galego. Falaremos de procesos creativos, da profesionalización do cómic e doutras actividades creativas complementarias.
XOVES 6 DE NOVEMBRO
Xornada sobre
edición de BD
17:30 - 17:40
Benvida e presentación da xornada
17:40 - 19:00
CLASE MAXISTRAL
Panorámica dun proxecto de BD
Participa David Fernández, presenta Bernal Prieto
Percorrido polo proceso de creación, produción e comercialización de BD. Presentación óptima de proxectos, implicacións contractuais, optimización da colaboración autor-editor e breves nocións sobre o traballo editorial.
19:00 - 19:10
Pausa
19:10 - 20:30
FALADOIRO
Editando o Premio Castelao de Banda Deseñada
Participan Cristian F. Caruncho e Paula Mayor,
modera Uxía Larrosa
Dúas visións do proceso de edición de BD dos Premios Castelao 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho; Paula sacou a súa obra nunha editorial tradicional, mentres que Cristian se responsabilizou do proceso completo autoeditando o seu cómic.
Participantes
-
Anabel Colazo
(Eivisa, 1993)
Estudou Belas Artes en Valencia. Desde entón publicou varios comics: Encuentros cercanos (2017), No mires atrás (2019) e Espada (2022), este último desenvolvido na súa residencia en Angoulême. Compaxina estes traballos coa ilustración e os fanzines, sempre tentando contar novas historias.
-
Cristian F. Caruncho
(Couzadoiro, 1997)
Comezou no cómic co fanzine Historias de Regho Torto (2011). É autor de obras como Grandarroiba (2019), Saínza a punkiereteira (2022) ou O día de San Martiño (2025).
Recibiu recoñecementos como o Castelao ou o Casares-Kristina Berg. -
David Fernández
(A Coruña, 1980)
Colaborador de medios especializados, festivais e editoriais de banda deseñada. Entre 2012 e 2025 traballou en ECC Ediciones como responsable de diferentes liñas e proxectos de creación. Desde 2025 traballa en Moztros Producciones como editor e coordinador.
-
Uxía Larrosa
(A Coruña, 1993)
Gañadora do premio Castelao por O bico da serea, da que é guionista. Actualmente, grazas á bolsa ao talento novo da Editorial Finestres, traballa no seu primeiro cómic como autora integral. Imparte clases de BD e debuxo e preside a Asociación Cultural Autobán.
-
Paula Mayor
(A Coruña, 1975)
Ilustradora, deseñadora gráfica e autora de comics. Ten traballado en literatura infantil, deseño de portadas de libros e discos, carteis, murais, deseño téxtil e editorial.
O seu traballo está influenciado pola súa terra, Galicia, cunha mirada feminista e social. -
Estudio Gráfico Los Meros
O Estudio Gráfico Los Meros son María José Armero (Alacante, 1978) e Roque Romero (A Coruña, 1978).
Namorados da arte, o deseño e os fanzines, traballaron de rotulistas e artistas gráficos en ECC Ediciones e na actualidade realizan encargas para Norma Editorial. -
Xulia Pisón
(A Coruña, 1985)
Xulia Pisón é autora de comics e ilustradora. Desenvolve a maioría do seu traballo no campo da divulgación científica con obras como a triloxía Microalgas ou a máis recente Proteínas.
-
Bernal Prieto
(A Coruña, 1979)
Ilustrador, deseñador gráfico e animador 2D por conta propia.
Xestiona o estudio creativo Vivac, traballa como profesor de debuxo e BD e colabora activamente coas asociacións AGPI e Autobán.
Inscrición
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (25 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Mandaremos un correo confirmando a praza.
O público obxectivo son as persoas creadoras de BD, tanto profesionais como amadoras.
MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO
Xornada sobre
proxectos de BD
XOVES 6 DE NOVEMBRO
Xornada sobre
edición de BD
Protección de datos de carácter persoal
Os datos persoais das persoas que enchan os formularios para as xornadas Alén do Castelao 2025 serán utilizados exclusivamente para a consecución dos fins previstos nesta convocatoria, quedando excluído calquera uso para o envío de comunicacións doutra clase por parte da Asociación Cultural Autobán, respectando en todo momento o previsto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
Todas as persoas participantes poden facer uso dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición polas vías de comunicación previstas na Lei 3/2018, de 5 de decembro, a través do correo electrónico autoban.bd@gmail.com
DATAS E HORARIOS
O mércores 5 e xoves 6 de novembro de 2025 de 17:30 a 20:30 h.
LOCALIZACIÓN
Biblioteca Provincial da Coruña na Sala Manuel López (no soto).
Información xeral
Organizan