Alén do Castelao
Xornadas profesionais de BD
A tarde do martes 29 e do mércores 30 de setembro teremos dúas xornadas sobre desenvolvemento de proxectos de BD na Biblioteca Provincial da Coruña
(rúa Riego de Agua 37, no soto).
Alén do Castelao son unhas xornadas sobre edición e desenvolvemento de proxectos de BD cun enfoque didáctico e buscando afondar na profesionalización do sector.
O nome da actividade fai referencia ao Premio Castelao de Banda Deseñada, o principal certame de cómic de Galicia.
Durante dúas tardes consecutivas contaremos con clases maxistrais e obradoiros nos que intervirán persoas cun amplo percorrido no mundo da BD, aportando información e experiencias subliñables e contestando dúbidas e cuestións do público asistente.
Programa
17:20 - 17:30
Benvida e presentación da xornada
MARTES 29 DE DECEMBRO
17:30 - 18:45
CLASE MAXISTRAL
Cor e Narrativa na BD
Participa Miguel Porto
Como planificar o roteiro de cor para un proxecto de BD, pensando as súas armonías, paletas, e motivos para que apoien a narrativa. Entendendo a cor nos seus aspectos fundamentais, a súa psicoloxía, e as súas funcións.
18:45 - 19:00
Pausa
19:00 - 20:15
OBRADOIRO
Gravado en pedra
Participa Xulia Pisón
Obradoiro de creación de banda deseñada con recursos sinxelos como selos artesanais. Partindo de STONS, exploraremos como levar personaxes e deseños máis alá da páxina e ampliar o universo gráfico dun proxecto de BD.
17:20 - 17:30
Benvida e presentación da xornada
MÉRCORES 30 DE DECEMBRO
17:30 - 18:45
CLASE MAXISTRAL
Quen quere publicar o meu cómic?
Participa Natalia Mosquera
Claves do mercado editorial actual. Que busca e que precisa unha editorial tradicional. Como abordala para que o teu proxecto atope un fogar.
18:45 - 19:00
Pausa
19:00 - 20:15
CLASE MAXISTRAL
Formas de construir unha historia
Participa Martín Romero
A partir dos seus cómics e dunha curta, Martín Romero comparte diferentes procesos de creación: desde libros compostos por historias independentes ata novelas gráficas de narración continua, pasando por estruturas fragmentadas. A sesión aborda como nacen as ideas, como a estrutura se descobre ao longo do propio proceso e como cada proxecto acaba atopando a súa propia forma narrativa.
Participantes
-

Martín Romero
Boiro, 1981
Ilustrador, autor de cómics e director de animación.
Como ilustrador realiza traballos que van dende o ámbito publicitario ata o editorial. As súas novelas gráficas Las fabulosas crónicas del ratón taciturno (2011), Episodios Lunares (2015) e La deuda (2017) foron publicadas tanto en España como en Francia. Actualmente está desenvolvendo a serie de cómics infantís Uxío. No eido audiovisual dirixiu as curtas La noche (2017) e To bird or not to bird (2023), gañadora do Goya a Mellor Curtametraxe de Animación na edición de 2004.
-

Miguel Porto
Vigo, 1980
Autor de BD, debuxante e profesor de técnicas dixitais, narrativa e proxectos, na escola profesional de BD O Garaxe Hermético.
Na BD os seus traballos máis coñecidos son Allen Son of Hellcock (2016), con guion de Will Tracy e Gabe Koplowitz, e Subnormal (2020), con guion de Fernando Llor. Como debuxante ten traballado en diversos campos como, o editorial, prensa, a publicidade, os videoxogos (A Place for the Unwilling), ou como fondista en animación (Robot Dreams).
-

Natalia Mosquera
Pontevedra, 1982
Licenciada en Historia en Santiago de Compostela.
No eido da edición traballou en Editorial Planeta durante cinco anos, onde aprendeu o bo e o malo dun xigante editorial, e despois en Ediciones La Cúpula, onde leva trece felices anos editando a Uxía Larrosa, Luis Yang, Anabel Colazo, Manel Cráneo e Teresa Ferreiro, entre outros.
-

Xulia Pisón
A Coruña, 1985
Xulia Pisón é autora de comics e ilustradora. Desenvolve a maioría do seu traballo no campo da divulgación científica con obras como a triloxía Microalgas ou a máis recente Proteínas.
A súa última obra, STONS, acaba de ser publicada este verán.
Inscrición
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (25 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Mandaremos un correo confirmando a praza.
O público obxectivo son as persoas creadoras de BD, tanto profesionais como amadoras.
MARTES 29 DE SETEMBRO
MÉRCORES 30 DE SETEMBRO
Protección de datos de carácter persoal
Os datos persoais das persoas que enchan os formularios para as xornadas Alén do Castelao 2026 serán utilizados exclusivamente para a consecución dos fins previstos nesta convocatoria, quedando excluído calquera uso para o envío de comunicacións doutra clase por parte da Asociación Cultural Autobán, respectando en todo momento o previsto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
Todas as persoas participantes poden facer uso dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición polas vías de comunicación previstas na Lei 3/2018, de 5 de decembro, a través do correo electrónico autoban.bd@gmail.com
DATAS E HORARIOS
O martes 29 e mércores 20 de setembro de 2026 de 17:20 a 20:15 h.
LOCALIZACIÓN
Biblioteca Provincial da Coruña na Sala Manuel López (no soto).
Información xeral
Organizan



