
Panorama do Fanzine Galego
A tarde do mércores 18 de xuño teremos unha xornada sobre autoedición na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.
Haberá unha presentación das obras gañadoras do Premio Autobán 2024, unha visita á Fanzinoteca e un faladoiro con persoanlidades do fanzine.

Autoedición no Culturgal
O sábado 2 de decembro o Autobán estivo presente no Culturgal participando nunha mesa redonda cos festivais de autoedición galegos: Manu Barreiro do FunFunFun de Santiago, Helena Rodríguez do VaiaVaia de Lugo e Óscar Iglesias por parte do Autobán.