
Chega o Zambombán!
O Zambombán é un mercado de Nadal de ilustración, artesanía e produto ilustrado, que da acubillo ás persoas que crean e comercializan o seu propio produto ilustrado.
Será o sábado 14 e domingo 15 no espazo Galgo Azul.

Combate All Stars
No próximo Culturgal Autobán organiza un Combate de Debuxantes, unha competición de debuxo improvisado na que participan catro combatentes que das distintas provincias de Galicia: Antón Yáñez (A Coruña), Sandra Lodi (Lugo), Aarón Moucho (Pontevedra) e Sapoconcho (Ourense).
Presentará este popular evento Miguel Porto, exercendo de mestre de cerimonias.

Inscrición no Zambombán
O Zambombán é un mercado de Nadal de ilustración, artesanía e produto ilustrado, que pretende recoller as propostas creativas deste eido, dándolles un espazo onde amosar e vender este tipo de proxectos.
Celebrarase o sábado 14 e domingo 15 de decembro no espazo cultural Galgo Azul (Av. Gramela 16-18 baixo)

Club de Debuxo Autolab Exposición Animacción
O sábado 23 de novembro nova reunión do Club de Debuxo AutoLab na Fundación Luis Seoane, con visita guiada da exposición “Constructores de Universos”, seguida dunha quedada onde poderedes crear as vosas propias personaxes de stopmotionda man dos compis de Ánimas Anónimas.

Club de Debuxo Autolab Cluedo Samaín
O sábado 26 de outubro no Bar 13 temos nova reunión do Club de Debuxo AutoLab. Será unha edición chea de suspense e terror na que montaremos un Cluedo gráfico.
Atréveste a pasar medo mentres debuxas?!

Club de Debuxo Autolab Teléfono Gráfico
O sábado 21 de setembro reanudamos o Club de Debuxo AutoLab despóis do parón de verán. Será unha edición na que xogaremos ao Teléfono Gráfico nos comedeiros do Parque de Santa Margarita, mentres facemos un picnic.

Proxectos do Autobán 2024
Maís de 80 proxectos procedentes de distintos puntos de Galicia, España e Portugal, terán presenza na edición do Autobán 2024.

Club de Debuxo Autolab edición Picnic
O sábado 29 de xuño nova reunión do Club de Debuxo AutoLab no Parque de Santa Margarita. Faremos un picnic aberto no que compartiremos debuxos e petiscos.