Asemblea Xeral 2025
Resumo de actuacións 2025
-

Culturgal 2024
Organizamos un posto de venda durante o Culturgal no stand de Culturgal, una dos nosos principais promotores.
Ademais, organizamos un Combate de Debuxantes All Stars no que participaron 4 combatentes.
-

Zambombán 2024
Mercado de Nadal máis enfocado ao produto ilustrado. Foi a fin de semana do 14 e 15 de decembro no espazo cultural Galgo Azul, cun mercado que contou con 16 postos de produto ilustrado e unha mesa común de fanzines de persoas socias do Autobán.
Ademais, desenvolvimos actividades para dinamizar o evento, como obradoiros e o fotomatón debuxado
-

Clubs de Debuxo
As reunións do Club de Debuxo AutoLab consisten en actividades de debuxo experimental e colaborativo en distintas localizacións e con temáticas variadas.
Coidamos que esta actividade ten unha resposta óptima e que axuda á creación de vínculos na comunidade debuxante da cidade.
-

Autobom 2025: Encontro de autoedición
O Autobom converteuse nun Encontro, unha reunión de xente interesada no eido da BD e a autoedición, con charlas, actividades formativas e lúdicas, e todo moi orientado a que os asistentes aprendan, se coñezan e xeren sinerxías.
As actividades de Autobom desenvolvéronse o venres 9 e o sábado 10 de maio en distintas localizacións.
-

Panorama do Fanzine Galego
O mércores 18 de xuño tivemos unha xornada sobre fanzines e autoedición na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.
Coa presentación das obras gañadoras no Premio Autobán 2024, mostra da Fanzinoteca da Biblioteca de Estudos Locais e un faladoiro sobre autoedición.
-

Premio Autobán 2025
Premio ao mellor fanzine galego editado entre maio de 2024 e maio de 2025.
“La ilusión”, de Julia Abalde gañou o galardón, e “Enxoval” de Brais Rodríguez gañou o accésit.
Tras ver e analizar polo miudo os 50 fanzines participantes, Bea Lema, Sira González e Luis Yang decidiron o premio era para Julia Abalde. -

Autobán 2025
Nova edición do Autobán, o festival coruñés de autoedición, que conta con actividades que dan a coñecer o mundo da autoedición.
Este ano quereriamos desescalar e ter un número menor de postos no mercado, pero ao final foron máis que a edición anterior. Tamén reduciremos algúns gastos con respecto á edición anterior, como o concerto e a presentación do Combate ao cargo dunha persoa profesional.
-

Alén do Castelao
Xornadas sobre BD para persoas profesionais e amadoras do medio.
Consistiron en charlas maxistrais e faladoiros con distintos axentes do sector: creadoras que contarán como abordar un proxecto, un estudio de rotulistas e artefinalistas de BD, e tamén contamos coa opinión e consellos dun editor con ampla experiencia.
Desenvolvéronse en dúas tardes, o mércores 5 e o xoves 6 de novembro, na Biblioteca Provincial da Coruña. -
Outras actividades
Outras actividades que xa desenvolvemos en 2025 foron:
ExpoFanzines e Fanzinoteca Municipal: os fanzines presentados ao Premio Autobán 2025 usáronse para unha exposición durante o Viñetas e para nutrir a sección de fanzines da Biblioteca de Estudos Locais.
Concerto Ilustrado celebrado o primeiro día do festival Viñetas desde o Atlántico, e organizado por nós.
Obradoiros: organizamos obradoiros de fanzines na FLAC e no Viñetas deste ano.
Stand de Viñetas: un ano máis, tivemos un posto en Viñetas con materias das persoas socias do Autobán. Tamén organizamos sesión de sinaturas das persoas gañadoras do Premio Autobán deste ano e o anterior.
Asistencia a feiras: levamos fanzines das persoas socias ao Culturgal 2024, a Allariz Debuxado e a EnCaMiño.
Descontos en tendas: ampliamos os descontos en tendas para as persoas socias do Autobán.
Calendario Autobán: a fin de finanzarnos, lanzamos un calendario da Asociación para venta na web e no Zambombán.
Bolsa de formación: elaboramos unha bolsa de cursos e obradoiros das persoas socias para poder ofertalo a entidades que queren colaborar con nós.
Proposta de actividades
para 2026
PROPOSTAS PARA finais de 2025
Zambombán 2025
Volvemos facer mercado de Nadal, enfocado ao produto ilustrado, no espazo cultural Galgo Azul. Contará cun mercado de produto ilustrado e unha mesa común de fanzines de persoas socias do Autobán. Ademais, desenvolveremos actividades para dinamizar o evento, como obradoiros, contacontos, etc.
Combate de Debuxantes All Stars
Organizaremos un Combate de Debuxantes especial para o Culturgal, da man de PuntoGal.
Exposición “20 anos do Premio Castelao de banda deseñada“
Estamos organizando unha exposición restrospéctiva sobre o Premio Castelao para o Culturgal de 2025, como un encargo da Deputación da Coruña.
ACTIVIDADES 2026: REPETICIÓN DE EVENTOS CONSOLIDADOS
Para o ano 2026 imos repetir as nosas actividades principais, mantendo os cambios introducidos na última edición, que coidamos que funcionaron ben. Nalgunhas actividades que medraron moito trataremos de desescalar lixeiramente, caso do Autobán de verán.
AUTOBOM 2026, Encontro de Autoedición
O Autobom converteuse nun Encontro, unha reunión de xente interesada no eido da BD e a autoedición, con charlas, actividades formativas e lúdicas, e todo moi orientado a que os asistentes aprendan, se coñezan e xeren sinerxías.
As actividades de Autobom desenvolveríanse a finais dunha semana, durante a tarde do venres e o sábado completo, de mañá a noite.
Calendario: finais de abril ou inicios de maio (tras Semana Santa)
III Premio Autobán 2026 ao mellor fanzine galego
Premio ao mellor fanzine galego editado entre maio de 2025 e maio de 2026. O xurado será composto por tres membros expertos na BD e autoedición.
Calendario: convocatoria a finais de maio, concesión a mediados de xullo e entrega o venres de Autobán.
AUTOBÁN 2026
Nova edición do Autobán, o festival coruñés de autoedición, que conta con actividades que dan a coñecer o mundo da autoedición.
Este ano quereriamos desescalar e ter un número menor de postos no mercado, a fin de que todo o mundo teña unha localización óptima. Isto tamén nos permitirá dar unha resposta mellor ás persoas asistentes, e ter opcións de cubrir os postos se chove.
Calendario: terceira fin de semana de agosto, coincidindo co Viñetas desde o Atlántico
Máis Actividades HABITUAIS
Outras actividades que xa desenvolvemos anteriormente e queremos que continúen en 2025 son:
ExpoFanzines e Fanzinoteca Municipal: os fanzines presentados ao Premio Autobán 2026 usaránse para unha exposición durante o Viñetas e para nutrir a sección de fanzines da Biblioteca de Estudos Locais.
Concerto Ilustrado celebrado durante o festival Viñetas desde o Atlántico, e organizado por nós.
Descontos en tendas: ampliar os descontos en tendas para as persoas socias do Autobán.
Club de debuxo AutoLab: seguir coas reunións de debuxo en distintos puntos da Coruña.